Portada › Elecciones › Elecciones generales › Promesas
Promesas · BNG · 2023
Compromisos citados literalmente de los programas electorales (con su página) y de las declaraciones en canales oficiales desde la convocatoria. Mismo método para todos los partidos.
- «Na altura das eleccións de 2019 comprometémonos a ser a voz que defendese os intereses da Galiza, a impulsar políticas sociais e a fechar o paso á dereita e ultradereita.» Programa electoral 2023, pág. 7
- «O BNG, sen perder nunca de vista o horizonte estratéxico da soberanía, defenderá todas aquelas medidas que se orientaren nun sentido democratizador e de recoñecemento dos nosos dereitos nacionais.» Programa electoral 2023, pág. 10 Territorio y autogobierno
- «Por iso seguiremos a constatar que o estado español é irreformábel na súa esencia, e que precisamos seguir a sumar forzas en favor da» Programa electoral 2023, pág. 10
- «Vivimos máis anos grazas a un incremento da esperanza de vida, mais, en que condicións vivimos cando imos facendo anos?» Programa electoral 2023, pág. 18
- «Porén, ámbitos como o xudicial ou o laboral dependen en boa medida do Estado, por iso en canto Galiza non poida decidir por si propia, defenderemos políticas feministas para seguir conquistando dereitos.» Programa electoral 2023, pág. 21
- «Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á administración local e galega para que teñan en conta a realidade específica galega (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes.» Programa electoral 2023, pág. 21
- «Neste sentido, traballaremos polo respecto á vontade democrática dos pobos, a comezar pola vontade do propio pobo galego e dos seus dereitos e liberdades cívicas, así como de todas as cidadás e cidadáns do Estado, sen exclusión.» Programa electoral 2023, pág. 27
- «Así, o BNG impulsará e apoiará todas aquelas iniciativas reivindicativas para lograr a conservación, a implantación e a extensión dos dereitos civís, económicos, políticos, sociais e culturais, en franco retroceso durante as últimas décadas.» Programa electoral 2023, pág. 27
- «despois da sentenza que devolve ao pobo galego o Pazo de Meirás, o BNG seguirá a loitar pola recuperación dos demais bens espoliados polo ditador Francisco Franco e pola súa familia (Casa das Cunchas, Casa Cornide,» Programa electoral 2023, pág. 28
- «Neste sentido, promoveremos e apoiaremos as mudanzas legais precisas que posibilitaren a convocatoria de referendos vinculantes en asuntos de interese, incluído o dereito de autodeterminación, así» Programa electoral 2023, pág. 28 Territorio y autogobierno
- «Así mesmo, exixiremos o cumprimento do estabelecido na dA7 da lei de pesca, introducida grazas a unha emenda do BNG, que exixe ao Goberno remitir ás Cortes unha proposta para garantir o voto telemático das e dos mariñeiros embarcados nas frotas de altura.» Programa electoral 2023, pág. 29 Agricultura
- «O BNG reclamará, máis unha vez, a transferencia da autoestrada á» Programa electoral 2023, pág. 54
- «O BNG defenderá en todos os ámbitos, e nomeadamente nas Cortes, a superación dun modelo dependente e extractivo que converteu a Galiza en fornecedora de materias primas e enerxía, con altísimos custos sociais e ambientais.» Programa electoral 2023, pág. 56 Energía y clima
- «tomaremos parte activa na defensa de medidas de resposta á emerxencia ambiental e á crise climática, á perda de biodiversidade, á degradación e á fragmentación de hábitats, ao risco de grandes incendios, á contaminación dos solos e do medio urbano ou aos problemas derivados da escaseza de auga, tanto para o consumo humano como para as actividades económicas.» Programa electoral 2023, pág. 56 Energía y clima
- «Como criterios xerais, defenderemos a aplicación rigorosa do principio de precaución en todas aquelas actuacións que poidan xerar danos no medio e perdas de biodiversidade, a prevención contra o cambio climático, a xestión circular e de proximidade, a corresponsabilidade e a obriga de internalizar os custos ambientais nas actividades contaminantes.» Programa electoral 2023, pág. 56 Energía y clima
- «En consecuencia, defenderemos as seguintes liñas de actuación» Programa electoral 2023, pág. 56